Formación y trabajo

Todo o persoal de Mecanizados Moan, dispón da cualificación necesaria para desenvolver os traballos encomendados, avalados sempre pola experiencia.

Desde a Dirección, a aposta pola formación como sinónimo de progreso, é constante, ofrecendo ao equipo produtivo as últimas innovacións e os avances producidos dentro do sector.

Actualmente, Mecanizados Moan, aparte da Dirección, conta cun gran equipo produtivo no que se atopan Inxeneiros, torneros, fresadores, mecánicos, soldadores...

Maquinaria e Instalaciones

Mecanizados Moan conta con dous centros produtivos cunha superficie total de 3.400 metros cadrados. Un deles destinado ao Mecanizado, cunha superficie de 800 metros cadrados e situado próximo á localidade de Arteixo (A Coruña). Outro centro, con 2.600 metros cadrados, está na Coruña e se desenvolven as labores de Oficina Técnica e Calderería (ver localizacións).

Calidad y Medioambiente

Mediante a Política de Calidade e Medio Ambiente, a Xerencia de Mecanizados Moan, S.L.L. establece o obxectivo de proporcionar aos clientes os produtos e servizos demandados cos requisitos esixidos polos mesmos, mellorando en cada momento a eficacia do servizo prestado; e o compromiso continuo de previr a contaminación que poida orixinar o desempeño da nosa actividade, na medida que sexa técnica e economicamente viable.